Antiguos Alumnos ETSII Vigo
Posts 1-2 of 2
-
Gonzalo González RodríguezThe company name is only visible to registered members.Presentación Gonzalo González Rodríguez
Ola a todos!
con esta mensaxe quero presentarme aos membros do foro de Antigos Alunos da ETSEI de Vigo.
Son Gonzalo González Rodríguez, estudei Enxeñaría Industrial do 1995 ao 2002, concretamente a especialidade de Automática e Electrónica.
A miña traxectoria profesional comezou en Visteon, en Colonia (Alemaña). Alí traballei como responsable de software para componentes de automóbil, concretamente controles para climatización para fabricantes como PSA, VW e PAG-Ford. En Visteon faise todo o desenvolvimento de produto, desde os protótipos até a fabricación en serie. É mui gratificante poder estar presente en todas as fases, mesmo coordinando equipos presentes en Alemaña, India, EEUU e resto de Europa. Durante esta etapa, que durou 4 anos, completei a miña formación no 2004 cun MBA na especialidade de Marketing, estudando a distancia. A experiencia no estranxeiro foi mui intensa, no plano persoal e profesional, e recoméndolla a quen a poida ter e estea libre de compromisos.
Por motivos persoais, decidín buscar traballo en Vigo, e encontreino nunha PEME dedicada á automatización industrial, software e robótica. A empresa ten unha forte base tecnolóxica, está basada en Vigo, pero con clientes en todo o mundo, e traballa pricipalmente para o sector do automóbil. Eu dedícome a conseguir novos clientes, ofertar novos proxectos e diversificar a base de actividades . O cambio foi grande, penso que para ben, e aínda o estou asimilando :)
Considérome unha persoa aberta, social, interesada na cultura e na tecnoloxía, especialmente o relacionado con sistemas "embedded", Linux, as redes sociais, Internet e os sistemas de administración de contidos (CMS). Son dos que non me importa perder un par de horas despois do traballo "fuchicando" en algo con tal de coñecer algo novo. Encántame viaxar e aprender idiomas, a música e sobre todo estar cos meus amigos no tempo de lecer.
Sería interesante que os membros do foro nos coñecésemos persoalmente e aproveitar as oportunidades que o grupo nos poida proporcionar. Supoño que Vigo podería ser un bo sitio para xuntarnos.
Deixo esta última proposta aberta para que o resto dos membros a comenten. A ver se fructifica!
Atentamente,
Gonzalo González Rodríguez
- 11 Sep 2008, 09:06 am
-
Post visible to registered members
